A.D.NORTHWEST ADVENTURE organiza na área recreativa de Ponte Segade, no concello de Manón, un roteiro a pé o vindeiro Domingo 21 de Outubro. UBICACIÓN:https://goo.gl/maps/J5CbZWHyuRv

A actividade conta con dous percorridos polo enclave das ribeiras do río Sor e aledaños do concello de Mañón formando unha ruta circular que estará GUIADA polos membros da A.D.Northwest Adventure que irán marcando o ritmo da progresión (tranquila, con paradas para sacar fotos e desfrutar do entorno);

  • Curta: 10 kilómetros e 550 metros de desnivel positivo acumulado, sendo un percorrido de dificultade media, polo que será accesible a maioría de persoas que acostumen facer actividade física.
  • Longa: 18,5 kilómetros e 850 metros de desnivel positivo acumulado, no que o nivel de exixencia física é medio/alto e os participantes que decidan aventurarse neste percorrido han de ser consecuentes consigo mesmo e valorar realmente se son capaces de asumir a ruta na súa totalidade.

Será preciso estar inscrito previamente na actividade e deberá formalizarse de forma online na plataforma habilitada na web www.galitiming.com ou presencialmente na instalación da tenda Atmósfera Sport Cariño, antes do Xoves día 18 as 23:59h.

¡PLAZAS LIMITADAS a 100 persoas! (50 persoas para cada percorrido).

A inscrición por participantes ten un importe de  10€ e inclúe;

– Seguros de R.C. e accidente.

– Café ou chocolate de benvida con algo pa pingar.

– Avituallamento sólido e líquido.

A maiores proponse un xantar ó rematar, na mesma zona de concentración (área recreativa de Ponte Segade), na que poderemos degustar unha fantástica paella de carne + consumición (auga, refresco ou cervexa), pan e postre. Ésta opción terá un incremento no momento da inscrición de 8€/persoa.

No caso de que o tempo non acompañe para quedar a xantar, valorarase a opción de montar unha carpa para estar abrigados ou tomaráse a decisión de suspender dito xantar e devolver o importe do mesmo.

ACEDE O REGULAMENTO DA PROBA PARA MÁIS INFORMACIÓN PREMENDO AQUÍ

Share This