O pasado Luns día 18 a casa do concello de Cariño acolleu a presentación oficial da nosa proba, como así o redactaba nunha nota de prensa a Voz de Galicia.
Nesta edición preténdese seguir sumando adeptos e animar a que os veciñ@s participen e gocen da natureza levándoos a lugares recónditos do noso entorno que de seguro descoñecerán a gran maioria, a pesar de vivir no pobo.
Xa pensando no trail e andaina longa, apostamos por ofrecer ao participante un chisco de diversión á vez que dureza, nos cales se fixo un esforzo por mellorar o percorrido e satisfacer ao  corredor por montaña e camiñante máis experimentado cunha combinación de pista de terra, carreiros entre a frondosa vexetación, trialeras e zonas de campo a través.
Nesta edición o protagonista será o monte da Miranda e as súas saias, por onde transcorrerá a maior parte da proba en tódalas súas modalidades, sendo soamente os participantes da  andaina de 18 km e o  trail de 25 km quenes cheguen a coroar o seu “teito” a case 500 metros de altitude.
Non descuidaremos a segunda parte do trail longo, que chegará ata as praias de Figueiras e Fornos coa ría de Ortigueira de fondo e o pobo veciño, para logo penetrarse no Monte Mazanteu e facer cima ata o seu vértice geodésico, a 214 metros de altitude e con máis de 20 km nas pernas.
Xa coa mente posta na chegada a meta espéranos un longo quilómetro polo paseo marítimo de Cariño, onde o percorreremos dende o seu inicio ata o final e que a máis dun váiselle facer eterno se as forzas xa non acompañan.
Outra das novidades é a zona de concentración que a organización dispón para esta edición.
Saída e meta no paseo marítimo, á altura da Casa do Concello, na cal se fará a entrega de dorsais a partir do sábado 30 (consultar programa) e na que se dispoñerán aseos para os participantes e zona de consigna.
As duchas seguirán sendo no pavillón de deportes.
Grazas ao interese mostrado polos locais de hostalería do pobo de Cariño e á súa inestimable colaboración, este ano teremos a oportunidade de degustar unha tapa (sen custo engadido) con cada consumición ó finalizar a proba, en horario de 12 a 16h.
Son 7 os locais que ofertan este servizo, e cada un deles deléitanos cunha tapa distinta, sabrosa e consistente. E iso non é todo, porque se consumes polo menos en 3 locais diferentes entrarás nun concurso no que se sortean varios premios.
¡Ampliaremos información en breve!
As inscricións seguen crecendo a pasos axigantados a medida que se vai achegando o cambio de tarifa (lembrade que a partir do Martes 26 increméntase o prezo de todas as tarifas en 3€).
Non te demores máis e, ¡inscríbete xa!
Share This