COMUNICADO OFICIAL CANCELACIÓN DA TERCEIRA EDICIÓN

Desde a organización da Northwest Experience e ante os acontecementos do COVID-19, decidimos CANCELAR a 3ª edición que se ía celebrar o pasado 29 de Marzo do 2020 e trasladala ao próximo ano. 

Sabemos que nestes difíciles momentos hai cousas máis importantes nas que pensar e, ao noso entender, o deporte e lecer quedan nun segundo plano.

Atopámonos ante un escenario inimaxinable e que xera unha grande incerteza, e é por iso que a organización quere emitir xa este comunicado. 

As inscricións formalizadas por TPV virtual a través da plataforma online serán reembolsadas automáticamente no mesmo número de tarxeta bancaria no que se fixo dita operación.

Os participantes inscritos presencialmente na ténda Atmosfera Sport Cariño poderán solicitar a súa devolución unha vez que as instalacións volvan abrir as súas portas para iniciar a actividade.

Lamentamos as molestias ocasionadas e esperamos volver a vervos a todos e todas o vindeiro ano, na que si será a 3ª edición.

Share This